Macaca mulatta
especie de mono do Vello Mundo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Macaca mulatta, xeralmente chamado macaco rhesus (ou macaco, ou mono rhesus,[3] resus ou reso), é unha especie de mono do Vello Mundo que vive en parte de Asia. Na Lista Vermella de especies ameazadas da IUCN está considerado como en estado "pouco preocupante" en vista da súa ampla área de distribución, as súas grandes poboacións e a súa tolerancia a unha ampla variedade de hábitats. É nativo do sur, centro e sueste asiático, onde as mandas ou tropas de M. mulatta habitan hábitats moi diversos, desde praderías a áreas desérticas ou forestais, e tamén nas proximidades de asentamentos humanos.[1] A especie é moi utilizada en ciencia como organismo modelo. No descubrimento do factor do grupo sanguíneo Rh humano utilizouse sangue deste macaco (Rh = rhesus).
Macaco rhesus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Macaca mulatta[2] (Zimmermann, 1780) | |||||||||||||||
Área de distribución do macaco rhesus | |||||||||||||||
Sinonimia [2]
|
O seu nome común de macaco rhesus procede do que lle deu o naturalista francés Jean-Baptiste Audebert, que o chamou Macaca rhesus (Audebert, 1798). "Rhesus" é unha relembranza do nome dun rei de Tracia que aparece na Ilíada de Homero, chamado Rhesus ou Reso, aínda que Audebert sinalou que "non ten significado".[4] Agora o seu nome científico é Macaca mulatta (Zimmermann, 1780), que é máis antigo.