Magister militum
From Wikipedia, the free encyclopedia
Magister militum (termo latino que significa Patrón de soldados) foi o rango que se empregou no período final do Imperio Romano, para designar o máis alto xefe militar. O cambio realizouse no século IV con Constantino I, quen suprimiu as funcións militares do prefecto do pretorio.
Máis información Roma ...
Roma | |
---|---|
Monarquía | |
República | |
Imperio | |
Principado | Dominado |
Imperio de Occidente | Imperio de Oriente |
Maxistrados Ordinarios: | |
Maxistrados Extraordinarios: | |
|
|
Oficiais e Títulos: | |
| |
Institucións e normas: | |
|
|
Pechar
Como título individual, era o equivalente a un Mariscal de Campo, un Shogun ou un Xeneralísimo. Xeralmente tiña un poder absoluto sobre o exército e ostentárono personaxes que actuaban como poder na sombra dos Emperadores romanos, como Estilicón ou Ricimer.
Foi tamén un alto rango administrativo-militar do Imperio na división territorial en prefecturas, só por debaixo do prefecto do pretorio, ao modo dun Capitán Xeneral.