Mandato británico de Palestina
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado desaparecido | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda | ||||
Capital | Xerusalén | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.764.520 (1945) (66,27 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua hebrea árabe | ||||
Relixión | Islam, xudaísmo e cristianismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 26.626 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 1920 | ||||
Disolución | 14 de maio de 1948 | ||||
Sucedido por | Israel, Xordania e All-Palestine Government (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Mandato da Sociedade das Nações (pt) | ||||
Moeda | Libra palestina (pt) | ||||
Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.[1] Nun primeiro momento incluíu os actuais territorios de Xordania, Israel e os Territorios Palestinos, aínda que a partir de setembro de 1922 o Reino Unido separou a parte oriental do mesmo, creando o Emirato de Transxordania.