Manga
banda deseñada xaponesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O manga (漫画 ou tamén マンガ, まんが) é o nome habitual para referirse á banda deseñada xaponesa. No Xapón considérase manga equivalente a cómic, pero en cambio aquí só se consideran cómics manga os que proceden do Xapón. O significado literal da palabra manga é 'debuxos caprichosos' ou 'garabatos'. Foi un representante do Ukiyo-e, Hokusai Katsushika, quen acuñou o termo manga ao combinar os kanji correspondentes a 'informal' (man) e 'debuxo' (ga).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manga (homónimos).
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A relación entre a banda deseñada e os debuxos animados no Xapón é moi grande, xa que a maioría das producións animadas do país están baseadas en series de BD de éxito, a diferenza da banda deseñada americana e europea que son máis independentes do mundo da animación e viceversa.