gravador e pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Castro Gil, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1891 e finado en Madrid o 3 de abril de 1963,[1] foi un gravador e pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1891 Lugo, España |
Morte | 3 de abril de 1963 (72 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor , gravador |
Membro de | |
Movemento | Novecentismo (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Fillo do arquiveiro do concello de Lugo e de Gertrudis Gil, primo carnal do filántropo Álvaro Gil Varela. Iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Ramón María del Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.