mar From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Ross é unha baía profunda entre o Océano Glacial Antártico e a Antártida entre a Terra de Vitoria e a Terra de Marie Byrd, ao sur de Nova Zelandia. Foi descuberto por James Clark Ross en 1841. No oeste do mar de Ross atópanse a Illa Ross e o monte Erebus, famoso volcán e no oeste a Illa Roosevelt. A parte meridional está cuberta por unha plataforma xeada: a Barreira de xeo de Ross. Roald Amundsen comezou a súa expedición ao Polo Sur en 1911 desde a Baía das Baleas, que se atopa na placa de xeo. Na parte occidental do mar de Ross, o estreito de McMurdo é un porto normalmente libre dos xeos durante o verán. A zona máis ao sur do mar de Ross é a costa de Gould, a uns trescentos quilómetros do Polo Sur Xeográfico.
Mar de Ross | |
---|---|
Ross Sea | |
Localización administrativa | |
Estado | Tratado Antártico Reinvindicado por Nova Zelandia (Dependencia Ross) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Glacial Antártico |
Continente | Antártida |
Xeografía | |
Subdivisións | Barreira de xeo de Ross |
Illas interiores | Illa Roosevelt (7 500 km²) e illa Ross (2 460 km²) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía das Baleas |
Estreitos | Estreito de McMurdo |
Características | |
Superficie | 958 000 km²[1] |
Mapa | |
Mapa da Antártida. Ao sur, do continente, o mar de Ross | |
Mar de Ross como parte do océano Antártico | |
Case todas as terras emerxidas a beiras do mar de Ross están baixo reclamación de Nova Zelandia, segundo a cal estarían baixo a xurisdición da Dependencia Ross. A maior parte dos países que non pertencen á Commonwealth non aceptan esta reivindicación, que se atopa conxelada polo Tratado Antártico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.