política francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Margarida de Francia ou Margarida I de Borgoña[1], nada en 1309 e finada o 9 de maio de 1382, foi princesa de Francia, condesa de Borgoña e condesa de Artois de 1361 a 1382.
Nome orixinal | (fr) Marguerite de France |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1309 |
Morte | 9 de maio de 1382 (72/73 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua francesa |
Outro | |
Título | Conde de Borgoña |
Familia | Casa de Capeto (pt) |
Cónxuxe | Louis Ier de Flandre (1320 (Gregoriano)–) |
Fillos | Lois II de Flandres |
Pais | Filipe V de Francia e Joana II, Condessa da Borgonha (pt) |
Irmáns | Blanche van Frankrijk (en) , Isabella of France, Dauphine of Viennois (en) e Xoana III de Borgoña |
Margarida de Francia naceu en 1309, era a filla máis nova do rei Filipe V de Francia e da condesa Xoana II de Borgoña e de Artois.
En 1320, casou co conde Lois I (c. 1304-1346), conde de Flandres como Lois I (1322-1346), conde de Nevers como Lois II (1322-1346) e conde de Rethel como Lois II (c. 1325 -1346), unión da que naceu:
Na complicada herdanza do último duque de Borgoña da dinastía capetiana Filipe I os condados de Borgoña e Artois foron por lexítima herdanza á súa tía Margarida de Francia que era Margarida I de Borgoña e Artois.
Á súa morte en 1382, o seu fillo Luís herdou ambos títulos. Foi enterrada na abadía real de Saint-Denis.
A súa neta, a condesa Margarida III de Flandres, tamén coñecida como Margarida de Dampierre, herdeira dos condados de Flandres, Nevers, Rethel, Brabante e Limburgo, casou o 14 de maio de 1357 co seu curmán o duque Filipe I de Borgoña e, que nestes títulos, nominalmente e como "consorte" (uxor iure), precedeu á súa avoa como condesa de Borgoña e Artois. Finalmente, á morte en 1384 do seu pai Lois II de Flandres, Margarida de Dampierre herdou suo iure os mesmos dous títulos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.