actriz francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria Schneider, nada en París o 27 de marzo de 1952 e finada na mesma cidade o 3 de febreiro de 2011, foi unha actriz francesa. Acadou sona aos 20 anos polo seu papel en Ultimo Tango a Parigi de Bernardo Bertolucci.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Maria Hélène Schneider 27 de marzo de 1952 15º distrito de París (Francia) |
Morte | 3 de febreiro de 2011 (58 anos) 15º distrito de París (Francia) |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión , actriz de cinema , modelo |
Período de actividade | 1969 - 2008 |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Daniel Gélin (pt) |
Irmáns | Xavier Gélin (pt) , Fiona Gélin (pt) , Manuel Gélin (pt) e Pascal Gélin (en) |
Parentes | Vanessa Schneider (pt) (curmá entregue) Michel Schneider (pt) (maternal uncle (en) ) |
Cronoloxía | |
Funeral (Saint-Roch (en) ) | |
Premios
| |
|
Foi filla da modelo Marie-Christine Schneider e do actor Daniel Gelin, que non a recoñeceu como filla.
Debutou cn 15 anos no teatro, e iniciouse no cinema co director Terence Young, e cun pequeno papel en Madly, xunto a Alain Delon. Despois de aparecer en diversas producións francesas, alemás e italianas, presentouse ao cásting para un proxecto de Bernardo Bertolucci. Tras ser seleccionada interpretou o papel de Jeanne en Ultimo Tango a Parigi, acompañada de Marlon Brando, que a levaron á fama, pero que a marcaría negativamente para toda a vida.
Na década de 1970 participou en proxectos xunto a Jack Nicholson en O reporteiro, David Bowie e Marlene Dietrich en Just a Gigolo, ou Gérard Depardieu en Violanta. En 1980 foi candidata ao Premio César á mellor actriz secundaria polo seu papel como prostituta violenta e malsá en La Dérobade.
Continuou con papeis menores e aparicións en televisión, regresando na década de 1990 con Les Nuits Fauves e Jane Eire. En Les Acteurs (ano 2000) aparece cun papel semi-autobiográfico de actriz maldita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.