Ciclista colombiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Mariana Pajón Londoño, nada en Medellín o 10 de outubro de 1991, é unha ciclista colombiana, especialista en BMX.[1] É a campioa de 14 campionatos mundiais, 2 campionatos nacionais dos Estados Unidos, 9 campionatos latinoamericanos e 10 campionatos panamericanos. Ademais, gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, e nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. Nos Xogos de 2020 en Toquio, gañou unha medalla de prata. É a primeira colombiana en gañar dúas medallas olímpicas de ouro.[2] Os logros de Pajón en BMX valéronlle o alcume da "Raíña do BMX".[3]
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1991 (32 anos) Medellín, Colombia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Altura | 158 cm |
Peso | 53 kg |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Período de actividade | 2008 - |
Lingua | Lingua castelá |
Nacionalidade deportiva | Colombia |
Deporte | ciclismo de competición |
Disciplina deportiva | BMX |
Patrocinador | Red Bull GmbH |
Participou en | |
2016 | ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - BMX feminino (pt) (medalla de ouro olímpica) |
Premios | |
Páxina web | marianapajon.com |
Gañou o seu primeiro título nacional con 5 anos e o seu primeiro título mundial con 9 anos.
Foi escollida para levar a bandeira de Colombia na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2012. A súa participación de Pajón na competición de BMX resultou na primeira medalla de ouro para Colombia neses Xogos e o segundo na historia da participación do seu país nas Olimpíadas.[3] Despois de acadar a primeira posición nas tres carreiras das semifinais, fixo un tempo de 37,706 segundos durante a final.[4]
Nos Xogos Olímpicos de 2016, Pajón defendeu o seu título e gañou o seu segundo ouro olímpico, o quinto na historia de Colombia. Con esta vitoria, Pajón converteuse na primeira deportista colombiana en gañar dúas medallas de ouro. Nos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio, Pajón gañou a prata.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.