política neozelandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Marilyn Joy Waring, nada en Ngaruawahia o 7 de outubro de 1952, é unha política e intelectual feminista neozelandesa, profesora do Centro de Políticas Públicas da Universidade Tecnolóxica de Auckland. Parlamentaria entre os anos 1975-1984. Waring precipitou a elección en 1984, ameazando con votar a favor da lexislación libre de armas nucleares de Nova Zelandia, que foi patrocinado pola oposición.
En 1989 Waring obtivo un D.Phil. en economía política pola Universidade de Waikato cunha tese sobre o Sistema de Contas Nacionais das Nacións Unidas.[1]
O seu libro If Women Counted ("Cando as Mulleres Contan") é unha análise da economía moderna. O libro sostén que a economía dominante ignora o traballo non remunerado das mulleres, e que a economía mundial pasa por alto o valor da natureza.[2][3]
A directora de cine Terre Nash fixo unha película sobre ela, titulado "Who's Counting? Marilyn Waring on Sex, Lies and Global Economics".[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.