Igrexa católica maronita
igrexa particular católica de tradición siríaca / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa siríaca maronita de Antioquía (en lingua siríaca: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia; árabe: الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية, al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya; latín: Ecclesia Maronitarum), máis coñecida simplemente como Igrexa católica maronita, é unha Igrexa particular católica, en comuñón coa Santa Sé de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por Marón, un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san Xoán Marón, foi elixido a finais do século VII.
Igrexa siríaca maronita de Antioquía Igrexa católica maronita | |
---|---|
Historia | |
Fundación | século IV |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Patriarca de Antioquía | Bixara Pedro al-Rai |
Estrutura | Dividida en eparquías |
Agrupacións | Congregación para as Igrexas orientais |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo oriental |
Demografía e cultura | |
Fieis | 3 300 000[1] |
Países | Siria, Líbano, Chipre, Estados Unidos, Israel, Australia, Brasil e outros |
Linguas litúrxicas | Lingua siríaca |
Outros datos | |
Sede central | Bkirki, Líbano |
Este artigo amosa letras siríacas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etnorrelixiosos do Líbano. A diferenza doutras Igrexas católicas orientais, dende a súa orixe os maronitas sempre teñen estado en comuñón coa Igrexa de Roma e co papa.