trobador portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Martin Soarez (tamén Martim Soares) foi un trobador portugués do século XIII que estivo activo nas cortes de Fernando III e Afonso X.[1]
Nome orixinal | (pt) Martim Soares |
---|---|
Biografía | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Portugal |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Período de actividade | 1230 - 1270 |
Lingua | Lingua portuguesa |
Crese que naceu en Riba de Lima en torno ao ano 1200. Descende dunha familia nobre vasalla dos Parada, o primeiro documento conservado que contén o seu nome é unha venda do seu señor Martín García de Parada ao mosteiro de Santa Cruz de Coímbra.
Tomou parte por Sancho II na guerra civil portuguesa do 1245, ao gañar Afonso III, trasladouse a corte castelá de Fernando III, coma moitos outros nobres portugueses do bando perdedor. Compón a maior parte da súa produción conservada nos ambientes artísticos fomentados por Fernando III e Afonso X, e neles é onde establece relación con Pero da Ponte, Afonso Eanes do Coton, Roi Gómez de Briteiros, Paio Soares de Taveirós e o xograr Lopo.
Regresou a Portugal contra o ano 1260, xa casado e cun fillo, establecéndose pola zona de Estremadura. O derradeiro documento no que figura é unha doazón do 1262, polo que se estima que faleceu en torno ao ano 1263.[2]
Consérvanse 39 cantigas: 22 son cantigas de amor e 17 son cantigas de escarnio e maldicir, unha delas é unha tenzón, contra Paio Soarez de Taveirós..[3] Varias das cantigas de escarnio céntranse en persoas que non dominan a arte de trovar e contra os malos xograres, en especial o xograr Lopo, por exemplo Foi a citola temprar, na cal critica ao xograr por tocar mal a citola e recoméndalle calar. Vexamos outra cantiga de maldicir na que volve a cargar contra Lopo:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.