Martín Palermo
futbolista arxentino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Martín Palermo, nado en La Plata o 7 de novembro de 1973, é un exfutbolista e adestrador arxentino que xogaba como dianteiro.
Datos rápidos Palermo, Información persoal ...
Palermo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Martín Palermo | ||
Nacemento | 7 de novembro de 1973 | ||
Lugar de nacemento | La Plata | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1980–1981 | Estudiantes | ||
1984–1985 | Club For Ever | ||
1985–1992 | Estudiantes | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1992–1997 | Estudiantes | 93 | (34) |
1997–2001 | Boca Juniors | 102 | (81) |
2001–2003 | Villarreal | 70 | (18) |
2003–2004 | Betis | 11 | (1) |
2004 | Alavés | 14 | (3) |
2004–2011 | Boca Juniors | 216 | (112) |
Selección nacional | |||
1999–2010 | Arxentina | 15 | (9) |
Adestrador | |||
2012–2013 | Godoy Cruz | ||
2014–2015 | Arsenal de Sarandí | ||
2016–2018 | Unión Española | ||
2019 | Pachuca | ||
2020–2021 | Curicó Unido | ||
2021–2022 | Aldosivi | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pechar
Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Boca Juniors, club do que é o máximo goleador histórico con 236 goles.[1] Nunha enquisa de 2008, os seguidores do equipo elixírono como o maior ídolo da historia do club.[2] Ocupa ademais o sétimo lugar entre os máximos goleadores da historia da Primeira División arxentina, con 227 goles en 408 partidos.[3]
Xogou tamén no Estudiantes de La Plata arxentino e en tres equipos españois: Villarreal, Betis e Alavés. Foi 15 veces internacional coa selección arxentina, coa que anotou 9 goles, e participou no Mundial de 2010.