From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Harris "Mother" Jones, nada no ano 1837[1][2] en Cork e finada o 30 de novembro de 1930, foi unha mestra e costureira de orixe irlandesa que se converteu nunha importante figura da organización sindical e comunitaria nos Estados Unidos de América. Axudou a coordinar importantes folgas e foi cofundadora do Industrial Workers of the World.
Mother Jones en 1902. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | bautizada o 1 de agosto de 1837 Cork, Irlanda |
Morte | 30 de novembro de 1930 (93 anos) Adelphi, Maryland, Estados Unidos |
Lugar de sepultura | Union Miners Cemetery (en) |
Datos persoais | |
Outros nomes | "Mother" Jones |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | mestra , escritora , sindicalista (pt) , Activista polos dereitos humanos , sindicalista , organizadora comunitaria |
Partido político | Partido Socialista da América (pt) (1901–) Social Democratic Party of America (en) (1898–1901) |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
Jones traballou como mestra e costureira, mais trala morte do seu home e os seus catro fillos por febre amarela en 1867 e a destrución do seu obradoiro de costura no Grande incendio de Chicago de 1871, comezou a súa labor sindicalista para Knights of Labor e United Mine Workers.[3] Dende 1897 á idade de 60 anos, comezou a ser coñecida como Mother Jones. En 1902 foi chamada "a muller máis perigosa de América" polo seu éxito na organización dos mineiros e as súas familias contra os propietarios das minas. En 1903, para protestar pola neglixente aplicación das leis do traballo infantil nas minas e fábricas de seda de Pensilvania, organizou unha marcha de nenos dende Filadelfia até a residencia do presidente Roosevelt en Nova York.[4]
A revista Mother Jones, estabelecida en 1976, leva o seu nome.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.