Masturbación
Estimulación sexual dos xenitais / From Wikipedia, the free encyclopedia
A masturbación[1] é a estimulación dos órganos xenitais e das zonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, o orgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de natureza erótica[2]. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre na masturbación mutua. A masturbación adoita realizarse coas mans, ou mediante o frotamento contra algún obxecto. Tamén é común o uso de xoguetes sexuais para obter este tipo de excitación.