Matilde Fernández
política española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Matilde Fernández Sanz, nada en Madrid o 24 de xaneiro de 1950, é unha política, sindicalista e feminista española membro do Partido Socialista Obreiro Español.[1] Dende 2017 preside o Comité español de ACNUR.
Foi secretaria xeral da Federación Estatal de Industrias Químicas e Enerxéticas de UXT (1977-1988). En 1984 foi elixida membro da Comisión Executiva do PSOE e Secretaria da Muller, impulsando a introdución das cotas de mulleres nunha porcentaxe non inferior ao 25% para todos os órganos de dirección do partido aprobadas en 1988.
Foi Ministra de Asuntos Sociais de España (1988-1993) no cuarto goberno socialista de Felipe González converténdose xunto a Rosa Conde nas primeiras mulleres que formaron parte dun executivo socialista presidido por González. No ano 2000 ela e Rosa Díez foron as primeiras mulleres que aspiraron a liderar o socialismo español presentando as súas candidaturas á Secretaría Xeral do PSOE.[2]
Foi deputada nacional por Cantabria (1989-2000) concelleira en Madrid (1999-2003), deputada autonómica da Asemblea de Madrid (2003-2015) e senadora pola Comunidade de Madrid (2008-2011).