Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 (España)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 de España, coñecido na súa creación como Ministerio de Asuntos Sociais, é o departamento da Administración Xeral do Estado ao que lle corresponde a proposta e execución da política do Goberno da Nación en materia de dereitos sociais e benestar social, de familia e da súa diversidade, de cohesión social e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade, así como de protección dos animais.[1]
Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 | |
---|---|
Tipo | ministério dos assuntos sociais e ministerio de España |
Data de fundación | 11 de xullo de 1988 |
País | España |
40°25′N 3°41′O | |
Na rede | |
https://www.mdsocialesa2030.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Igualmente tamén lle corresponde a este ministerio o impulso, o seguimento e a cooperación para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Organización das Nacións Unidas.[1] Por último, tamén se encarga das políticas sobre consumo, protección dos consumidores e actividades de xogo, antes adscritas ao extinto Ministerio de Consumo.