escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Maximino Castiñeiras García, coñecido como o poeta da Maía, nado en Ortoño (Ames) o 18 de marzo de 1906 e finado o 5 de maio de 1992, foi un practicante e poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1906 Ortoño, España |
Morte | 5 de maio de 1992 (86 anos) Ortoño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Estudou o bacharelato e maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu a docencia en Ames. En 1929 embarcou para América como practicante. Retornado, integrouse na Unión Socialista Galega e participou no mitin autonomista de Bugallido en xaneiro de 1933 con Ángel Varcarcel, José María Santos e Xoán Xesús González.[1] Foi practicante interino do Concello de Carral, posto do que foi destituído en xullo de 1935.[2] Pertenceu a Izquierda Republicana, sendo elixido vicepresidente do grupo de Ames en abril de 1934,[3] e despois integrouse en Vanguardia de Izquierda Republicana, polo que foi represaliado nos primeiros anos do franquismo. Exerceu como ATS en América e na mariña mercante, nos transatlánticos que facían a ruta Europa-América. Colaborou en diversas publicacións como Céltiga, Galicia e Opinión Gallega. Retornou a Galicia nos anos cincuenta e foi nomeado practicante de Ames en 1956.[4] Creou o faladoiro literario "Os catorce de Osebe", do que formaron parte Laxeiro, Faustino Rey Romero e Raimundo García Domínguez. Colaborou en La Noche, Dorna e Anuario Brigantino. Co restablecemento da democracia foi concelleiro en Ames polo PSdeG-PSOE. Finou na súa casa das Puxeiras Altas o 5 de maio de 1992.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.