Ames
concello da comarca de Santiago, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ames.
Remove ads
Toponimia
O topónimo Ames, documentado na Idade Media como Oiames, podería ser un hidrónimo derivado da raíz indoeuropea weg-, referida a un lugar moi húmido, a través da forma con superlativo en acusativo plural *Ugiamos ou *Ugiamas.[2][3]
Poboación

| Evolución da poboación de Ames Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 7.097 | 7.602 | 9.425 | 9.527 | 20.840 | 27.900 | 28.852 | 29.331 | 29.689 | 29.975 | 30.267 | 30.544 | 30.835 | 31.278 | 31.793 | 32.104 | 31.993 | 32.095 | 32.482 | 32.812 |
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Remove ads
Xeografía
Ten unha superficie de 80 km². Limita cos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Brión, Negreira, A Baña e Val do Dubra. As poboacións principais son O Milladoiro e Bertamiráns.
Historia
O val da Amaía estivo moi vinculado desde a Baixa Idade Media ás principais e máis influentes liñaxes nobres. Situado no Camiño Xacobeo a Fisterra, destaca a ponte Maceira sobre o río Tambre en Agrón. No Milladoiro situábase o fito onde os peregrinos divisaban por primeira vez as torres da catedral compostelá. En 1812 constituíuse o concello de Biduído, adscrito ó partido xudicial de Santiago e á provincia única de Galicia. En 1821 o concello de Biduído integrouse na provincia da Coruña. En 1835 a capital pasou a ser a parroquia de Ames, cambiando o nome do concello. Destacan os Santuarios de Barouta e da Madalena e os pazos de Lens e Leboráns.
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ames.
- Rúa principal de Bertamiráns.
- Rúa lateral de Bertamiráns.
- Regato que atravesa a vila de Bertamiráns.
- Praza de Bertamiráns.
- Vista desde o cemiterio de Ames.
Política
Parroquias
Lugares de Ames
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ames vexa: Lugares de Ames.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

