ave limícola From Wikipedia, the free encyclopedia
O mazarico rabipinto[2][3] ou mazarico rubio[4] (Limosa lapponica) é unha ave limícola.
Mazarico rabipinto | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Limosa lapponica (Linnaeus, 1758) |
Os adultos miden 38 cm, teñen as patas azul grisallas e un moi longo peteiro virado cara a arriba, a cola con bandas delgadas brancas e negras. É un pouco máis pequeno que o mazarico rabinegro ao que se asemella.
Fan o seu niño no chan, poñen de 2 a 4 ovos incubándoos 21 días, é o macho o que permanece máis tempo chocándoos.
O seu hábitat habitual é a tundra aberta, en zonas encharcadas e marismas próximas a bosques do Ártico (incluída Islandia) e Alasca. Migran no inverno cara Europa occidental, África, sur de Asia, Australia e Nova Zelandia, ocasionalmente tamén aparecen nas costas occidentais de América do Norte.
En Galicia é unha ave de paso entre os meses de agosto a outubro, algunhas quedan na Illa de Ons.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.