Medio dólar do Bicentenario de Norfolk, Virxinia
moeda conmemorativa estadounidense (1936) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O medio dólar do Bicentenario de Norfolk, Virxinia é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1936. A moeda foi emitida en conmemoración do 200 aniversario da creación do municipio de Norfolk en 1736.
Medio dólar do Bicentenario de Norfolk, Virxinia [1][2][3] | |
---|---|
A/: Selo da cidade de Norfolk, Virxinia.
Lendas: BOROUGH OF NORFOLK BICENTENNIAL / TOWN 1682 BOROUGH 1736 CITY 1845 CITY OF NORFOLK VIRGINIA / ET TERRA ET MARE DIVITIAE TUAE CRESCAS · |
R/: Maza cerimonial de Norfolk.
Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / NORFOLK VIRGINIA LAND GRANT / 1636 / IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM / LIBERTY / HALF DOLLAR |
|
O senador de Virxinia Carter Glass solicitou mediante un proxecto de lei a creación dunha moeda de medio dólar conmemorativa do bicentenario da municipalidade de Norfolk, que foi promovida tamén por Absalom W. Robertson na Cámara de representantes. Logo dunha tramitación longa e enrevesada, na que se chegou a propor a emisión de medallas conmemorativas no canto das pretendidas moedas, finalmente a moeda de medio dólar foi aprobada polo Congreso en xuño de 1937.
A lexislación aprobada exixía que todas as moedas levasen a data de 1936, e este é o motivo polo que a moeda amosa esta data —o ano real da efeméride—, aínda que o ano real da cuñaxe sexa 1937. Probablemente este desfase entre a conmemoración e o momento da emisión, un ano despois, fose o motivo de que as vendas da moeda resultasen máis pobres do esperado; case un terzo da tiraxe tivo que ser devolta á Casa da Moeda de Filadelfia para a súa fundición.
O medio dólar de Norfolk é a única moeda estadounidense na que aparece a coroa británica, como parte da maza cerimonial da cidade, que loce no seu reverso