![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Diaphoretickes_collage.jpg/640px-Diaphoretickes_collage.jpg&w=640&q=50)
Megagrupo plantas+HC+SAR
From Wikipedia, the free encyclopedia
O megagrupo plantas+HC+SAR é unha das agrupacións utilizada nalgunhas clasificacións dos eucariotas.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Diaphoretickes_collage.jpg/640px-Diaphoretickes_collage.jpg)
Neste megagrupo están incluídas as especies que realizan a fotosíntese, coa excepción dos Euglenozoa.
No megagrupo están incluídos:
- Plantas
- Hacrobia (as siglas "HC" refírense a Haptophyta e Cryptophyta, que son os dous membros principais deste grupo)
- Supergrupo SAR (inclúe Stramenopiles, tamén coñecidos por Heterokonta, Alveolata e Rhizaria).
O megagrupo foi tamén descrito como a suma de Archaeplastida, Rhizaria, e os cromalveolados.[2] Porén, isto débese simplemente a unha forma diferente de agrupar os mesmos organismos, orixinada polo descubrimento de que os cromalveolados non eran monofiléticos.