Mehetia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mehetia (ou tamén Meetia; Meheti´a en tahitiano normalizado) é unha illa do grupo do Vento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 110 km ao leste de Tahití.
Datos rápidos Situación, País ...
Mehetia | |
---|---|
Vista da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas da Sociedade |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 17°52′S 148°4′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Volcán |
Superficie | 2´28 km² |
Longura máxima | 1´7 km. |
Largura máxima | 1´7 km. |
Punto máis alto | 435 m. Monte Fareura |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Pechar
A illa é un volcán moi novo que se atopa nunha zona aínda moi activa con movementos sísmicos. A altitude máxima atópase no cráter do monte Fareura a 435 m. A superficie total é de 2´3 km². Desde o principio do século XX está deshabitada e hoxe en día é de propiedade privada.