fenotipo animal From Wikipedia, the free encyclopedia
O melanismo[1] é un exceso de pigmentación escura nun animal, poboación ou grupo, o cal se traduce nun ennegrecemento da pel. Un exemplo típico é a 'pantera negra': un leopardo ou un xaguar con pelame completamente negra.
É frecuente que por mor dun incremento da actividade industrial, e con ela dos fondos escuros, aumenten as formas escuras ou melánicas e diminúan as formas claras, debido á mellor camuflaxe que ofrecen as primeiras. Este fenómeno chámase melanismo industrial. Nos peixes Betta splendens o melanismo é común, tendo unha cor negra anormal.
Mutacións en diversos xenes, como MC1R ou Agouti, poden provocar o melanismo.
Crese que os xenes responsables do melanismo contribúen a causar unha maior resistencia contra virus, debido a que se observou un incremento significativo de melanismo en poboacións de leopardos onde se rexistraron pandemias.[2]
Cómpre sinalar que o melanismo pode ser de grande utilidade, debido a que a melanina serve para obter enerxía captando fotóns de radiacións electromagnéticas.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.