Melón (froita)
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
O meloeiro ou melón[2] (Cucumis melo L) é unha planta rubideira da familia das cucurbitáceas). Cultívase polo seu froito, o melón, unha froita probabelmente nativa do Oriente Medio. Existen innúmeras variedades cultivadas en rexións semiáridas de todo o mundo, todas presentando froitos máis ou menos esféricos, con casca espesa e polpa carnosa e suculenta, con moitas sementes achatadas no centro. A cor e a textura da codia, e a cor e o sabor da súa polpa, varían de acordo co cultivo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Melón.
Máis información Meloeiro, Clasificación científica ...
Meloeiro | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meloeiro cos melóns | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Cucumis melo L., 1753 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Pechar
A abondosidade de auga no seu interior e o sabor suave tornan ao melón unha froita moi apreciada a xeito de refrescos. As súas sementes, torradas e salgadas, tamén se consomen.