Mesa, Estados Unidos
cidade de Arizona (Estados Unidos de América) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mesa é unha cidade situada no condado de Maricopa, no estado de Arizona (EUA). Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 439.041 habitantes e unha densidade de poboación de 1.236,77 hab./kmm².[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Arizona | ||||
County of Arizona (en) | Condado de Maricopa (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 504.258 (2020) (1.404,43 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 186.503 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região metropolitana de Phoenix (pt) (Poboación:4.845.832) | ||||
Superficie | 359,048734 km² | ||||
Auga | 0,4453 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 378 m | ||||
Creación | 1878 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | John Giles (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 85200–85299 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 480 602 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | mesaaz.gov |
Forma parte da área urbana de Phoenix e é a terceira cidade do Estado, despois da propia Phoenix e Tucson. É a 41ª cidade máis poboada dos Estados Unidos e está experimentando un rápido crecemento demográfico.
Aínda que Mesa é unha cidade suburbana, realmente ten unha poboación maior que centros urbanos tan importante como Atlanta, Saint Louis, Minneapolis, Miami e Pittsburgh.[2] Porén, segue a ser só unha cidade-dormitorio caracterizada por unha grande expansión urbana. O seu centro é mínimo, e consiste nuns poucos edificios sen exceder dos dous andares. Así e todo, a recente construción do Centro das Artes de Mesa (Mesa Arts Center) é quizais o primeiro paso para a creación dun verdadeiro centro urbano.
Mesa foi fundada en xaneiro de 1878 por pioneiros mormóns, que hoxe conforman unha décima parte da súa poboación. Mesa é o centro da súa igrexa na zona de Phoenix.
Pero a historia de Mesa remóntase a máis de 2.000 anos, coa chegada do pobo Hohokam. Os Hohokam, cuxo nome significa "Totalmente esgotado" ou "O defunto", construíron as canles orixinais. O sistema de canles foi o maior e o máis sofisticado do Novo Mundo prehistórico.[3]