Mesa de Salomón
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Mesa de Salomón (de Salomón, rei de Israel, 978-931 a. C.), mito coñecido tamén polos nomes de Táboa de Salomón e Espello de Salomón, é o motivo dunha lenda que conta que nela o rei escribiu todo o coñecemento do universo, a fórmula da creación e o nome verdadeiro de Deus: o Shem Shemaforash, que non pode escribirse xamais e que só debe pronunciarse para provocar o acto de crear.
Segundo a tradición cabalística, Salomón confíao a unha forma xeroglífica de alfabeto sagrado que, aínda que evita a escritura do Nome, contén as pegadas necesarias para a súa dedución. Este xeróglifo ten como soporte material un obxecto: a chamada Mesa de Salomón.[1]
De acordo con esta lenda, a transcendencia da táboa está en que dará ao seu propietario o coñecemento absoluto (xa que o pronunciar o nome de Deus significa abarcar toda a súa creación), pero o día que sexa encontrada a fin do mundo estará próxima.