ave de presa propia do Vello Mundo From Wikipedia, the free encyclopedia
O miñato común[2] (Buteo buteo) é unha ave de presa propia do Vello Mundo. Recibe tamén os nomes de miato,[3] bexato,[4] buxato,[5] lamego[6] ou lamote.[7] O miñato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm coas ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os miñatos poden chegar a vivir até 20 anos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Miñato común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar nos Países Baixos | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Buteo buteo (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Verde escuro: permanente Verde claro e azul: época de cría e inverno | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
7-10, ver texto |
Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.
Os miñatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bo hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que tiña visto, en ocasións, bandos de 15 ou máis miñatos nalgúns sitios.
Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido Buteo lagopus e co invulgar e distantemente emparentado miñato abelleiro (Pernis apivorus), capaz de mimetizar a plumaxe do miñato común para se protexer do azor.
O miñato común constrúe un único niño ben en árbores ou en penas illadas. A femia pón só 2 ou 3 (moi raramente 1 ou 4) ovos no niño, entre marzo e maio. Os ovos son caracteristicamente branco-azulentos con pintas grises ou acastañadas. O chocamento dura, polo normal, 34 días, alternándose, para chocalos, machos e femias. Os peldrachos fican no niño por uns 40 ou 50 días.
Cría nos bosques, mais acostuma a cazar en terreo aberto. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, batracios, insectos, paxaros, e pode mesmo aceptar a calaza.
O miñato común, ave abundante na Galiza, coñécese aínda con outros nomes: bexato ou buxato (aínda que bexato é tamén normativo, buxato está quizais máis espallado), queima, tartaraña, ...
As diferentes subespecies de miñatos divídense en varios grupos :
O grupo occidental está esencialemente composto de subespecies residentes ou migratorias, mais neste caso só de moi curto radio. Atopamos:
Está representado polas subespecies seguintes :
As dúas variantes, que viven en illas africanas, poderían pertencer ao primeiro grupo, mais mantéñense como especies distintas logo de ser analizado o seu ADN (Clouet & Wink 2000). Son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.