Miñato común
ave de presa propia do Vello Mundo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O miñato común[2] (Buteo buteo) é unha ave de presa propia do Vello Mundo. Recibe tamén os nomes de miato,[3] bexato,[4] buxato,[5] lamego[6] ou lamote.[7] O miñato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm coas ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os miñatos poden chegar a vivir até 20 anos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Miñato común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar nos Países Baixos | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Buteo buteo (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Verde escuro: permanente Verde claro e azul: época de cría e inverno | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
7-10, ver texto |
Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.
Os miñatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bo hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que tiña visto, en ocasións, bandos de 15 ou máis miñatos nalgúns sitios.
Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido Buteo lagopus e co invulgar e distantemente emparentado miñato abelleiro (Pernis apivorus), capaz de mimetizar a plumaxe do miñato común para se protexer do azor.