Un organismo microaerófilo é un microorganismo que necesita oxíxeno par vivir, pero require ambientes que só conteñan niveis de oxixeno inferiores aos que existen na atmosfera terrestre (é dicir, <21% O2; tipicamente entre o 2 e o 10% O2); a niveis de oxíxeno máis altos non poden vivir.[1][2] Moitos microaerófilos son tamén capnófilos, xa que necesitan unha elevada concentración de dióxido de carbono (por exemplo, do 10% de CO2 no caso de especies de Campylobacter).[3]