From Wikipedia, the free encyclopedia
Les Mignons (de mignon, en francés termo usado para "os queridiños" ou "os máis delicados") era o nome que recibían os favoritos dos grandes señores da Francia baixomedieval. O termo colleu connotacións homosexuais[1] debido a que estes favoritos reais eran da nobreza mediana provinciana e non dependían de grandes señores, polo que estes comezaron unha campaña de desprestixio para ocupar os seus postos e os privilexios que o acompañaban, por outra banda o rei Henrique III gustaba de rodearse dun grupo de mozos que presumían do luxo fronte ós vellos señores que seguían a pensar que a moda e a galantería eran algo propio de mulleres.
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Adoitaban ser os nobres que máis intimidade trababan co rei e a alta nobreza, vestindo luxosamente e de forma estrafalaria para os seus contemporáneos e con poses ambiguas. Aínda que eran ridiculizados polo pobo houbo persoas que mesmo chegaron ao asasinato para chegar a ser o mignon preferido da corte. O termo foi usado polos propagandistas hugonotes burgueses e logo polos da Liga Católica nas guerras francesas da relixión, e nos séculos XVIII e XIX pasou só a definir ós favoritos do rei Henrique III de Francia. Debido á influencia da moral protestante este costume rematou por desaparecer coa caída da dinastía Valois no trono de Francia
Este costume medieval debido a influencias italianas da corte dos Médici pasou aos Valois e foi aproveitado por moitos nobres descontentos para volver á posición privilexiada que estes amantes ocupaban, xa que ser mignon do rei comportaba obter grandes agasallos (en forma de xoias, pazos e mesmo terras). Algúns deles ao monopolizar a intimidade real conseguiron acadar altos postos na administración do Estado (como Anne de Joyeuse e Jean Louis de Nogaret, que acadaron sendos ducados grazas ao favor real).
O nome comezouse a popularizar en 1576 entre o pobo parisiense cando Henrique III comezou unha visita pola capital co fin de recadar impostos, segundo o cronista Pierre L, Estoile[2]. Os mignons resultaban ao pobo "moi odiosos, tanto polos seus modais arrogantes como pola súa maquillaxe e vestiario efeminado e procaz". A fama toda levouna o rei Henrique III aínda que os anteriores reis Henrique II e Carlos VIII usaban deles recibindo o nome de Mignons de Couchette (queridiños de leito) e o acceso ó dormitorio real pasou a ser un dos maiores privilexios outorgados pola monarquía. A moral calvinista, menos tolerante ca católica, aínda viu con máis malos ollos o costume de manter unha corte de amantes homosexuais, e aínda por riba que moitos deles foran da mediana nobreza, polo que se formou unha facción cortesá de nobres descontentos, á cabeza dos cales se atopaba o duque de Alençon, que comezou un ataque propagandístico a través de coplas e sonetos satíricos onde se aproveitaba do mito de Ganímedes, polo que a palabra mignon rematou por facer referencia a unha corte de amantes homosexuais[3].
O día 7 de abril de 1578 prodúcese o "duelo dos Mignons" entre os mignons[4] do rei Henrique III e os do duque de Guisa. Só sobrevive Entraguet cunha cicatriz na cara. Este feito foi moi criticado nos "ensaios" de Michel de Montaigne e Pierre de Bourdielle e mesmo usado polos membros da Liga Católica para atacar o rei ao interpretar como blasfemias que o barón de Caylus consagrara a súa morte ao rei en vez de a Deus.
xa en 1590 e contemporáneo aos feitos, Christopher Marlowe na súa obra Eduardo II, traduce o termo Mignon como Minions, onde o rei vai á guerra polo seu favorito, Pierre de Gaveston. Este tema foi reeditado por Bertolt Brecht en "Leben Eduards des Zweiten von England" (A vida de Eduardo II de Inglaterra") e reaproveitado por Paul C. Doherty no seu "O príncipe das tebras".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.