Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (España)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana de España é o departamento da Administración Xeral do Estado encargado das políticas do Goberno en relación ao dereito á vivenda, edificación, urbanismo, solo e arquitectura.
Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana | |
---|---|
Tipo | ministerio de España e ministério da habitação |
Data de fundación | 1957 |
Data de disolución | 2010 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.mivau.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi creado por primeira vez tras a aprobación da Lei do Solo no ano 1957, asumindo as competencias de urbanismo (Dirección Xeral de Arquitectura e Urbanismo) que anteriormente dependían do Ministerio da Gobernación. Suprimido en 1977, volveuse a restablecer na VIII lexislatura, sendo presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, coa finalidade de garantir a toda a cidadanía o acceso a unha vivenda de calidade. En 2010 volveuse suprimir e, en 2023, Pedro Sánchez restableceuno baixo o nome de «Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana».
A súa titular é, desde o 21 de novembro de 2023, Isabel Rodríguez García, ministra de Política Territorial e voceira do Goberno entre 2021 e 2023.[1]