Mirmecobíidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos mirmecobíidos (Myrmecobiidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres recoñecidas dentro da orde dos dasiuromorfos.[2][3]
Mirmecobíidos Myrmecobiidae | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Myrmecobius fasciatus | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Myrmecobius fasciatus Waterhouse, 1836 | |||||||||||||||||||||||||
Distribución de Myrmecobius fasciatus (verde) e lugares onde se reintroduciu (rosa) | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
Esta familia conta cun só xénero, Myrmecobius, cunha única especie, Myrmecobius fasciatus,[2][3] antano difundida en todo o sur de Australia, pero que hoxe se encontra só nalgunhas zonas remotas do suroeste australiano, onde sobrevive en varias pequenas colonias. A súa diminución nos últimos tempos debeuse á destrución do seu hábitat e á depredación de animais introducidos polo ser humano en Australia, de tal xeito que hoxe se encontra en perigo de extinción.[1]
A especie é un emblema de Australia Occidental, e está protexida por programas de conservación.
Debido aos seus hábitos alimentarios (a súa dieta consiste exclusivamente en térmites), coñécese na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de mirmecobio, formigueiro marsupial ou numbat (un dos seus nomes en inglés).