From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos mirmecobíidos (Myrmecobiidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres recoñecidas dentro da orde dos dasiuromorfos.[2][3]
Mirmecobíidos Myrmecobiidae | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Myrmecobius fasciatus | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Myrmecobius fasciatus Waterhouse, 1836 | |||||||||||||||||||||||||
Distribución de Myrmecobius fasciatus (verde) e lugares onde se reintroduciu (rosa) | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
Esta familia conta cun só xénero, Myrmecobius, cunha única especie, Myrmecobius fasciatus,[2][3] antano difundida en todo o sur de Australia, pero que hoxe se encontra só nalgunhas zonas remotas do suroeste australiano, onde sobrevive en varias pequenas colonias. A súa diminución nos últimos tempos debeuse á destrución do seu hábitat e á depredación de animais introducidos polo ser humano en Australia, de tal xeito que hoxe se encontra en perigo de extinción.[1]
A especie é un emblema de Australia Occidental, e está protexida por programas de conservación.
Debido aos seus hábitos alimentarios (a súa dieta consiste exclusivamente en térmites), coñécese na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de mirmecobio, formigueiro marsupial ou numbat (un dos seus nomes en inglés).
Tanto a familia como o xénero e a especie foron descritos polo naturalista inglés George Robert Waterhouse. A familia en 1841, nun traballo publicado en Nat. Hist. Marsup. or Pouched Animals (Naturalist's Libr.), 10: 60.[3]. O xénero e a especie en 1836, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1836: 69.[4][5]
O nome da familia, Myrmecobiidae, formouse, como é a norma, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Myrmecobius, coa adición da desinencia do latín científico -ĭdae, propia dos nomes das familias de animais.
O nome do xénero, Myrmecobius, está formado polos elementos do latín científico mirmeco-, tirado do grego antigo μύρμηκος mýrmēkos, xenitivo de μύρμηξ mýrmēx, 'formiga', e -bius, derivado do grego antigo βίος bíos, 'vida'. Literalmente, 'os que viven das formigas'.
O epíteto específico, fasciatūs, é o participio do verbo fasciō, derivado de fascia, 'venda', 'vendaxe', pero tamén 'franxa', 'banda', 'tira'. É dicir, que significa 'con franxas', 'con bandas'.
Como quedou dito, a especie Mirmecobius fasciatus é a única da familia. Nela recoñécense dúas subespecies:[5]
Familia Myrmecobiidae Waterhouse, 1841
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.