From Wikipedia, the free encyclopedia
A misantropía (do grego misanthropía,[1] μίσος, «odio», e άνθρωπος, «home, ser humano») é o odio á especie humana en tanto tal pero non implica necesariamente unha actitude isolacionista ou antisocial. Hai unha distinción importante entre o pesimismo filosófico e a misantropía, así Immanuel Kant afirmou que “da natureza tortuosa da humanidade, calquera cousa recta se pode obter”. O seu antónimo é a filantropía (amor á especie humana).
Tamén engloba unha posición de desconfianza e tendencia para antipatizar con outras persoas. Un misántropo é alguén que desconfía da humanidade dunha forma xeneralizada. O termo tamén é aplicable a todos aqueles que se tornan solitarios por causa dos sentimentos mencionados (de destacar o elevado grao de desconfianza que detén polas outras persoas en xeral).
Non representa un desagrado por persoas concretas, senón a animadversión dos trazos compartidos por toda a humanidade. Un misántropo é, polo tanto, unha persoa que amosa antipatía cara ao ser humano como ser humano. Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van desde o inofensivo, a crítica social ou á destrución ou a autodestrución. En casos extremos, a misantropía acabou en asasinatos masivos. O asasino de polo menos 21 persoas, Carl Panzram dixo, en 1922, desde o cárcere de Washington DC: «Odio a toda a ---- raza humana. Gozo matando e violando xente».[2] Ou, por exemplo, os asasinos que realizaron tiroteos no famoso masacre do instituto de Columbine, que citaban nos seus diarios o seu odio á raza humana, pouco antes de matar a 13 persoas e suicidarse.
O nacemento da misantropía na literatura atribúeselle a numerosos escritores satíricos, tales como William S. Gilbert (Odio aos meus conxéneres), aínda que tales identificacións deben ser estreitamente examinadas, pois unha visión crítica ou parodia da humanidade pode ser confundida con misantropía, dado que ten formas de desagrado que non son consideradas como tal.[3]
A representación teatral clásica da misantropía atópase na comedia Le Misanthrope (en galego O misántropo) de Molière, na que Alcestes, o seu protagonista, se manifesta abertamente en contra da hipocrisía da sociedade parisiense na que se sitúa a obra, hipocrisía levada ao extremo na vida e maneiras da súa amada Celimena. A misantropía de Alcestes busca no exilio voluntario da vida ermitá a solución á súa fartura da humanidade.
"Que é o mono para o home? Unha irrisión ou unha vergonza dolorosa. E xusto iso é o que o home debe ser para o superhome: unha irrisión ou unha vergonza dolorosa."Also sprach Zarathustra, Friedrich Nietzsche[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.