historietista francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean Giraud, coñecido polo seu pseudónimo Moebius, nado en París o 8 de maio de 1938 e finado na mesma cidade o 10 de marzo de 2012, foi un historietista francés. Alcanzou a celebridade como debuxante do western O Tenente Blueberry, que guionizaba Jean-Michel Charlier e se publicaba na revista Pilote. Faleceu o 10 de marzo de 2012 aos 73 anos de idade.
En 1974 formou o grupo dos Humanoides Asociados con outros autores como Philippe Druillet, Dionnet e Farkas. Xuntos editarían a revista Metal Hurlant, onde Jean Giraud (agora co seudónimo Moebius) se revelaría como autor completo en renovadoras series de fantasía e ciencia ficción como Arzach (1975) ou O garaxe hermético (1976). En 1980, iniciou coa saga de O Incal a súa frutífera colaboración co guionista Alejandro Jodorowsky. Dende o ano 1988, cando viu Akira, ten sido gran fan do estilo de debuxo xaponés, en especial de Katsuhiro Otomo e de Yukito Kishiro (quen á vez tamén esta moi influenciado polo estilo franco-belga de Frank Miller ou o propio Jean Giraud), e as súas obras se viron influenciadas por este feito.
Paralelamente ao seu labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud participou nos deseños de multitude de películas, como Alien (1979), Tron (1982), Abyss (1989) ou O quinto elemento (1997).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.