Alejandro Jodorowsky
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alejandro Jodorowsky Prullansky (o seu nome propio tamén aparece referido frecuentemente como Alexandro[1][2][3]), nado en Tocopilla o 17 de febreiro de 1929, é un artista chileno de orixe xudía-ucraína e nacionalizado francés en 1980, que destaca como escritor, lector de tarot, xamán, psicomago, caricaturista. Fundou, con Roland Topor e Fernando Arrabal, o Grupo Pánico.

![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Remove ads
Traxectoria
Jodorowsky chegou a México tras pasar seis anos ó lado de Marcel Marceu en París (1953), cando escribiu secuencias das súas obras The Mask e The Cage. Ó chegar a México en 1960, iníciase na meditación zen co mestre Ejo Takata e na psicoloxía con Erich Fromm en Cuernavaca (México). Anos despois, ó volver a París, fundou o movemento pánico con Topor e Fernando Arrabal.
En 1967, o pai do seu secretario particular ofreceulle cartos para realizar a súa seguinte obra teatral. Rodou con el o seu primeiro filme, Fando y Lis, adaptación da obra homónima de Arrabal. A obra, protagonizada por Sergio Kleiner, Sergio Ramos “El Comanche”, a súa esposa Valerie e Juan José Arreola, proxectouse no festival de Acapulco en México, e Jodorowsky tivo que fuxir del por intento de linchamento.
En 1971 apareceu a súa segunda incursión cinematográfica: El Topo, western de culto instantáneo, no que participaron como actores o seu fillo Brontis, Alfonso Arau e Mara Lorenzio.
El Topo deulle recoñecemento internacional, grazas a que John Lennon, a través do seu representante Allen Klein, lle ofreceu distribuír e financiar parte do seu seguinte proxecto: The Holy Mountain (73). A estrela principal sería George Harrison, que declinou a oferta cando Alejandro lle presentou a esixencia de mostrar un primeiro plano do seu ano.[Cómpre referencia]
The Holy Mountain levouno a emprender o seu proxecto máis ambicioso, a dirección da película Dune. Jodorowsky traballou nela durante máis de cinco anos, invitando a participar a Orson Welles e Salvador Dalí (quen cobraría 100.000 dólares por unha hora e que aceptou a contragusto a oferta no seu hotel de Barcelona),[Cómpre referencia] baixo a dirección artística do debuxante francés Jean “Moebius” Girard.
Tras atrasar o proxecto varias de veces, a compañía produtora retirouse, deixando máis de 3.000 debuxos realizados por Moebius, que, anos despois, se converterían na alma do cómic L´Incal.
Despois de pasar cinco anos sen dirixir, filma Tusk (78), unha produción francesa rodada na India. Contra a súa vontade,[Cómpre referencia] dirixe The Rainbow Thief (90), protagonizada por Omar Sharif e Peter O’Toole, un dos seus maiores fracasos debido ás presións da compañía, que tomou o control do filme.[Cómpre referencia]
Jodorowsky rodou en México a súa cuarta longametraxe: Santa Sangre (1989), producida por Claudio Argento e protagonizada polos seus fillos Cristóbal e Adán.
Actualmente Jodorowsky vive en Vincennes, París, onde dá clases de tarot e conferencias sobre os seus descubrimentos (a psicomaxia e a psicoxenealoxía) no Cafe Le Temeraire do Boulevard Doumesnil.[Cómpre referencia]
O escritor galego Diego Moldes é autor da única tese doutoral feita sobre o seu cine en castelán: La imaginación simbólica en la obra cinematográfica de Alejandro Jodorowsky (Universidade Complutense, Madrid, 2010).
Remove ads
Notas
Obra
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads