Moeda cuxana
cuñaxes do Imperio Cuxano / From Wikipedia, the free encyclopedia
A moeda cuxana, é dicir, a emitida polo Imperio Cuxano do norte da India e Asia central (ca. 30-375 d. de C.) baseouse nunha unidade de ouro, o dinar, cun peso de 7,9 g, e diversos valores en cobre e as súas aliaxes, con varios pesos entre 12 g e 1,5 g. A cuñaxe de moeda de prata foi pouco representativa nestas emisións.[1][2][3]
Unha boa parte da escasa información que temos de da historia política cuxana deriva das súas moedas.