Molokai
From Wikipedia, the free encyclopedia
Molokaʻi (/ˈmoʊ.lə.kaɪ/ ou /ˌmoʊ.ləˈkɑː.i/ ou /ˈmɒl.ə.kaɪ/ ou /ˌmoʊ.loʊˈkɑː.i/[1]; Hawaiian: Modelo:IPA-haw), alcumada “The Friendly Isle” (illa amistosa) é unha das oito illas principais que conforman o arquipélago de Hawai no medio do océano Pacífico. Ten un tamaño de 61 por 16 km no seu longo e largo extremos cunha superficie de terra utilizable de 673´4 km², polo que é a quinta máis grande das principais Illas Hawaianas e a 27ª illa máis grande dos Estados Unidos.[2] Está situada a 40 km ao leste de Oahu, separada pola canle Ka-iwi, e ao norte de Lanai, separada pola canle Kalohi. Administrativamente Molokai depende do condado de Maui, excepto a península de Kalaupapa que forma o condado de Kalawao.
Molokai | |
---|---|
Moloka'i | |
Localización da illa dentro da Illas Hawaii | |
![]() Imaxe de Molokai desde satélite | |
Situación | |
País | ![]() |
Estado | ![]() |
Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 21°8′N 157°2′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 673´4 km² |
Longura máxima | 60 km. |
Largura máxima | 16 km. |
Punto máis alto | 1.512 m. Mauna Kamakou |
Demografía | |
Capital | Kaunakakai |
Poboación | 7.345 (2010) |
Densidade | 10´8 hab./km² |
A illa coñécese polo Rancho Molokaʻi que abarca gran parte da illa, pola produción de ananás, a gandaría e o turismo. De noite pódense ver as luces de Honolulú desde o extremo occidental de Molokai, mentres que as próximas Lanai e Maui pódense ver con claridade desde calquera punto da costa sur da illa. No condado de Kalawao, na península de Kalaupapa na costa norte, establecéronse asentamentos en 1866 para o tratamento en corentena de persoas con lepra que funcionaron ata 1969. O Parque Histórico Nacional Kalaupapa agora conserva todo este condado e área.