Monospermo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En botánica, o adxectivo monospermo, feminino monosperma, refírese especificamente a que un froito ou froita dunha planta espermatófita (fanerógama), tanto anxiosperma como ximnosperma, só contén unha soa semente dentro da súa estrutura,[1] sen ter en conta a súa denominación taxonómica ou a forma. Por exemplo, un legume monospermo, unha drupa monosperma.
Este neoloxismo cuñouse a finais do século XVIII, e aparece documentado po primeira vez en 1798 en francés.[2]