Monte Louro, Louro, Muros
lugar da parroquia de Louro, no concello de Muros / From Wikipedia, the free encyclopedia
Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Louro.
A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do zona especial de conservación (ZEC) Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.[1][2][3]