Mosteiro de San Vicente do Pino
construción relixiosa en Monforte de Lemos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mosteiro de San Vicente do Pino é un conxunto monumental situado en Monforte de Lemos, flanqueado polos restos do castelo, do que se conserva parte da muralla e mailos cubos defensivos, a torre da homenaxe, dende a cal se pode contemplar todo o Val de Lemos, e os restos do palacio dos condes de Lemos, edificio perdido en gran parte nun devastador incendio a principios do século. O mosteiro e mailos restos do palacio constitúen actualmente o Parador Nacional de Monforte de Lemos[1].
Datos rápidos País, Localización ...
Mosteiro de San Vicente do Pino | |
---|---|
Vista traseira do conxunto histórico-artístico, hoxe Parador de Turismo | |
País | España |
Localización | Monforte de Lemos |
Coordenadas | 42°31′25″N 7°30′37″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar