Mosteiro de Sanahin
complexo monástico de Armenia, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mosteiro de Sanahin (en armenio: Սանահին վանք; Sanahin vank) é un mosteiro medieval do século X que se atopa en Sanahin, Armenia.[1] O nome Sanahin tradúcese literalmente do armenio como 'este é máis vello ca aquel', presumiblemente representando unha afirmación de ser un mosteiro máis antigo ca o veciño mosteiro de Haghpat. As dúas aldeas e os seus mosteiros son semellantes en moitos aspectos, e atópanse á vista o un do outro nunha formación de meseta diseccionada, separadas por unha profunda fenda formada por un pequeno río que desemboca no río Debed.
Mosteiro de Sanahin | |
---|---|
Vista do mosteiro | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Armenia |
Localización | Sanahin |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iv |
Inscrición | 1996 (XX edición) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 777 |
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O mosteiro de Sanahin, xunto co mosteiro de Haghpat, foron considerados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.[2][3][4] Os mosteiros de Haghpat e Sanahin foron elixidos como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO porque:
Os dous complexos monásticos representan o máis alto florecemento da arquitectura relixiosa armenia, cuxo estilo único desenvolveuse a partir dunha mestura de elementos da arquitectura eclesiástica bizantina e a arquitectura vernácula tradicional da rexión caucásica.[1]