escritora estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Nora K. Jemisin, nada en Iowa City (Iowa) o 19 de setembro de 1972, é unha escritora de ficción científica e fantasía e psicóloga estadounidense. A súa obra explora unha ampla variedade de temas, incluíndo o conflito cultural e a opresión.[1][2] Gañou varios premios pola súa obra, incluíndo o Locus Award. Coa súa vitoria en agosto de 2018, os tres libros da serie Broken Earth, o que fixo que Jemisin fose a primeira escritora que obtivo o premio Hugo á mellor novela tres anos consecutivos.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1972 (52 anos) Iowa City, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Tulane University (pt) |
Actividade | |
Ocupación | novelista , escritora de ciencia ficción , escritora |
Período de actividade | 2002 - |
Xénero artístico | Ficción especulativa |
Pseudónimo literario | N. K. Jemisin |
Lingua | Inglés estadounidense e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Noah Jemison (pt) |
Premios
| |
Páxina web | nkjemisin.com |
En 2009 e 2010, o relato de Jemisin "Non-Zero Probabilities" foi finalista aos premios Nebula e Hugo ao mellor relato.[3] A súa primeira novela, The Hundred Thousand Kingdoms, primeiro volume da súa Inheritance Trilogy, foi candidata ao Nebula Award 2010, e apareceu na listaxe previa para o James Tiptree Jr. Award.[4][5] En 2011, foi candidata ao premio Hugo, o World Fantasy Award,[6] e o Locus Award, gañando o Locus á mellor primeira novela en 2011.[7] The Hundred Thousand Kingdoms tamén gañou o premio Sense of Gender en 2011. Foi seguida por outras dúas novelas na mesma triloxía, The Broken Kingdoms en 2010 e The Kingdom of Gods en 2011.
En 2016, a súa novela The Fifth Season gañou o premio Hugo á mellor novela, converténdoa no primeiro escritor afroamericano que gaña un premio Hugo nesa categoría.[8] As súas secuelas, The Obelisk Gate e The Stone Sky, gañaron o premio Hugo á mellor novela en 2017[9] e 2018,[10] respectivamente.
Jemisin naceu en Iowa City, Iowa, e creceu en Nova York e Mobile, Alabama. Viviu en Massachusetts durante dez anos e mudouse a Nova York. Jemisin asistiu á Tulane University entre 1990 e 1994, onde recibiu un B.S. en psicoloxía. Continuou a estudar asesoramiento e recibiu un mestrado en educación pola Universidade de Maryland.[11]
Graduada do obradoiro de escritura Viable Paradise de 2002,[12] Jemisin publicou relatos e novelas. Jemisin foi membro do grupo de escritores BRAWLers da área de Boston,[13] e é membro de Altered Fluid, grupo de crítica de ficción especulativa.[13]
Foi co-convidada de honra na convención de ficción científica WisCon de 2014 en Madison, Wisconsin.[14] Foi a escritora convidada de honra no Arisia 2015 de Boston.[15]
Durante o seu discurso como convidada de honra no Continuum 2013 en Australia, Jemisin sinalou que o 10% dos membros do Science Fiction and Fantasy Writers of America (SFWA) votaron polo escritor de dereita alternativa Theodore Beale (tamén coñecido como Vox Day) como presidente da asociación. Continuou chamando a Beale “un autodenominado misóxino, racista, antisemita e varios outros sabores de idiota”[16][17] e sinalou que silenciar eses asuntos era o mesmo que permitilos. Beale respondeu chamándoa “educada mais ignorante salvaxe”.[18][19] Unha ligazón aos comentarios de Beal foi rechouchiada polo Twitter do SFWA, e este foi expulsado da organización.[20]
En xaneiro de 2016, Jemisin comezou a escribir "Otherworldly", columna bimensual para o The New York Times.[21] En maio de 2016, Jemisin montou unha campaña de Patreon que logrou suficientes fondos para permitir que deixase o seu traballo como psicóloga conselleira e centrarse a tempo total na escritura.[22] No seguinte ano, Bustle chamou a Jemisin "a escritora de ficción científica da que toda muller necesita ser lectora".[23]
Jemisin vive e traballa en Brooklyn, Nova York.[24]
É prima do cómico e presentador de televisión W. Kamau Bell.[25][26]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.