filme de 1937 dirixido por William A. Wellman From Wikipedia, the free encyclopedia
Naceu unha estrela (en inglés: A Star Is Born) é un filme estadounidense en Technicolor de 1937 producido por David O. Selznick, dirixido por William A. Wellman a partir dun guión do propio Wellman, Robert Carson, Dorothy Parker e Alan Campbell, e protagonizado por Janet Gaynor (no seu único filme en Technicolor) como unha aspirante a actriz de Hollywood e Fredric March (no seu primeiro filme en cor) como unha estrela do cinema decadente que axuda a lanzar a súa carreira.
Naceu unha estrela | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Star Is Born |
Director | William A. Wellman |
Produtor | David O. Selznick |
Guión | William A. Wellman Robert Carson Dorothy Parker Alan Campbell |
Intérpretes | Janet Gaynor Fredric March |
Música | Max Steiner |
Fotografía | W. Howard Greene |
Montaxe | James E. Newcom Anson Stevenson |
Estudio | Selznick International Pictures |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 20 de abril de 1937[1] |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 1,2 millóns de dólares[2] |
Recadación | máis de $2 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 13 de marzo de 1992.[3]
Esther Blodgett (Janet Gaynor), unha moza que aspira a converterse en actriz, viaxa a Hollywood, onde atopa traballo como camareira e coñece o famoso actor Norman Maine, en decadencia (Fredric March) por culpa da súa adicción ao alcol. Blodget e Maine inician unha relación. El é consciente do enorme talento dela e empéñase en convertela nunha nova estrela da canción, introducíndoa no mundo dos musicais cinematográficos. Ambos casan, e segundo ela ascende na súa carreira el pouco a pouco vai autodestruíndose.
Naceu unha estrela rodouse entre outubro de decembro de 1936 cun orzamento estimado de 1 173 639 dólares,[4] e estreouse nos Teatro Chinés de Grauman dos Ánxeles o 20 de abril de 1937.[5][6] A estrea en Nova York tivo lugar dous días máis tarde no Radio City Music Hall.[7]
Non se sabe canto contribuíu Dorothy Parker ao guión final. Cando viu o filme por primeira vez, Parker estaba orgullosa da súa contribución e presumiu tanto do guión como do filme, mais posteriormente pensou que non contribuíra en nada de importancia.[8]
O filme foi adaptado como obra teatral radiofónica o 13 de setembro de 1937, nun episodio de Lux Radio Theater con Robert Montgomery e Janet Gaynor, o 17 de novembro de 1940 nun episodio de The Screen Guild Theater con Loretta Young e Burgess Meredith, o 28 de decembro de1942 nun episodio de Lux Radio Theater con Judy Garland e Walter Pidgeon, o 29 de xuño de 1946 nun episodio de Academy Award Theater protagonizado por Fredric March,[9] o 23 de maio de 1948 nun episodio de Ford Theatre e o 16 de xuño de 1950 en Screen Director's Playhouse de novo con Fredric March.
Naceu unha estrela foi versionado catro veces:
Os catro filmes xuntos recibiron 25 candidaturas aos premios Óscar, aínda que gañaron só tres, mellor argumento en 1937 e mellor canción en 1976 e 2018, ademais dun premio honorífico en 1937 pola fotografía en cor.[10][11]
Foi versionado tamén, aínda que de forma non oficial, en hindi como Abhimaan (1973) e Aashiqui 2 (2013), en támil como Nenjamellam Neeye (1983), en telugu como Nee Jathaga Nenundali (2014) e en nepalés como Ma Yesto Geet Gauchu 2 (2020), que é unha secuela de Ma Yesto Geet Gauchu (2017).[12]
Selznick International Pictures disolveuse deixando os dereitos sobre o filme ao financeiro John Hay Whitney. Whitney vendeunos Film Classics, Inc. en 1943. Co declive das reposicións, Film Classics vendeu o filme ao produtor Edward L. Alperson coa intención de facer unha nova versión. En lugar diso, Alperson vendeu os dereitos sobre o filme incluídos o filme, o argumento, o guión e a banda sonora a Warner Bros. en 1953.[13] Warner en 1954 realizou o primeiro remake.[14] En 1965, o filme entrou na lista de dominio público nos Estados Unidos porque Warner non renovou o rexistro do copyright no 28.º ano despois da publicación.[15][16] Os elementos orixinais en 35mm da copia mestra permanecen en Warner Bros. Os dereitos sobre o argumento, o guión e a banda sonora tamén os retén Warner Bros., polo que aínda ten dereitos exclusivos sobre os tres remakes e calquera futura nova versión.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.