From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo alemán é unha noción ideolóxica que promove a unidade dos alemáns e dos falantes da lingua alemá nun estado nación unificado.[1] As orixes históricas do sentimento de identidade alemá comezan coa Reforma Protestante iniciada per Martiño Lutero e o xurdimento dun modelo común da lingua estándar ara o uso común, a literatura e a relixión.[1] O mesmo concepto de “nacionalismo” provén do pensador alemán Johann Gottfried Herder. Os xermolos do sentimento nacionalista alemán comezan co Romanticismo durante as guerras napoleónicas, co xurdimento do panxermanismo. Os movementos que propoñían un Estado común que unificase as terras habitadas pola nación alemá comezaron a cobrar relevancia como reacción á invasión de territorios alemáns por parte de Francia comandada por Napoleón I.[1] Despois da subida ao poder e posterior caída do Terceiro Reich, o nacionalismo alemán adquiriu un ton negativo e de tabú[2] por mor das atrocidades cometidas polo goberno nacionalista dos nazis, incluíndo o Holocausto. Durante a guerra fría, un tipo moderado de nacionalismo serviu de ideoloxía de fondo cara a reunificación alemá da República occidental e da República oriental, o cal se produciu no ano 1990.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.