Nacionalismo támil
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo támil (en támil: தமிழ்த் தேசியம்) é a ideoloxía que afirma que o pobo támil constitúe unha nación e promove a unidade cultural dos támiles. O nacionalismo támil é principalmente un nacionalismo secular, que se centra na lingua e no territorio.[1] Exprésase na forma do purismo lingüístico ("Tanittamil Iyakkam"), do nacionalismo e irredentismo territorial ("Tamil Eelam"), da igualdade social ("Movemento do Autorespecto") e do renacemento támil.
Orixinalmente, o pobo támil gobernaba en Tamilakam e partes de Sri Lanka. Durante o período colonial, as áreas támil pasaron a estar baixo dominio da India Británica e Ceilán británico. Isto supuxo o fin da soberanía dos támiles e reduciunos a un status de minoría baixo o novo modelo político. Dende a independencia da India e Sri Lanka, os movementos de separatiso támil foron activamente suprimidos en ámbolos dous países.[2]
Unha famosa cita do poeta támil Kannadasan sobre o pobo támil e a nación sen estado: "Non hai estado sen támiles, non hai estado para os támiles."[3]