Soberanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A soberanía, como concepto xeral, é a calidade de ser soberano, de quen ten a autoridade suprema, sexa referido a unha persoa, un pobo, un organismo, etc. ou ao carácter dunha nación ou institución independente, que non está sometida a outra.[1]
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O exercicio da autoridade, na maioría de sistemas políticos actuais, reside no pobo e é exercida a través dos poderes públicos de acordo coa súa propia vontade e sen a influencia de elementos estraños. A palabra "soberanía" tamén se conceptualiza como o dereito dunha institución política de exercer o seu poder. Tradicionalmente considerouse que son tres os elementos da soberanía: Territorio, pobo e poder.[2]
No Dereito internacional, a soberanía é un concepto clave, referido ao dereito dun estado para exercer os seus poderes.[3]