Nancy Witcher Langhorne Astor, Vizcondesa Astor, nada en Danville (Virxinia) o 19 de maio de 1879 e finada en Grimsthorpe (Inglaterra) o 2 de maio de 1964, foi unha política británica nada nos Estados Unidos que foi a primeira muller membro do parlamento, en que estivo entre 1919 e 1945.[1][2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
A Moi Honorábel
Nancy Astor |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Nancy Witcher Astor 19 de maio de 1879 Danville, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Morte | 2 de maio de 1964 (84 anos) Grimsthorpe Castle, Reino Unido (en) |
---|
|
|
Membro do 37º Parlamento do Reino Unido |
---|
|
|
14 de novembro de 1935 – 15 de xuño de 1945 (disolución do parlamento)
|
Membro do 36º Parlamento do Reino Unido |
---|
27 de outubro de 1931 – 25 de outubro de 1935 (disolución do parlamento)
|
Membro do 35º Parlamento do Reino Unido |
---|
|
30 de maio de 1929 – 7 de outubro de 1931 (disolución do parlamento)
|
Membro do 34º Parlamento do Reino Unido |
---|
29 de outubro de 1924 – 10 de maio de 1929 (disolución do parlamento)
|
Membro do 33º Parlamento do Reino Unido |
---|
|
|
6 de decembro de 1923 – 9 de outubro de 1924 (disolución do parlamento)
|
Membro do 32º Parlamento do Reino Unido |
---|
15 de novembro de 1922 – 16 de novembro de 1923 (disolución do parlamento)
|
Membro do 31º Parlamento do Reino Unido |
---|
|
15 de novembro de 1919 – 26 de outubro de 1922 (disolución do parlamento)
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Cliveden (pt) Mirador |
---|
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Estados Unidos de América Reino Unido |
---|
Relixión | Ciência Cristã (pt) |
---|
Actividade |
---|
Lugar de traballo | Londres |
---|
Ocupación | política , activista polos dereitos das mulleres , socialité , sufraxista |
---|
Partido político | Partido Conservador |
---|
Membro de | |
---|
Lingua | Lingua inglesa |
---|
Obra |
---|
Arquivos en | |
---|
Outro |
---|
Título | Viscount Astor (en) |
---|
Familia | Família Astor (pt) e Langhorne family (en) |
---|
Cónxuxe | Waldorf Astor (1906–1952), morte do cónxuxe Robert Gould Shaw II (1897–1903), divorcio |
---|
Fillos | Robert Gould Shaw III (en) () Robert Gould Shaw II (pt) Jakie Astor (pt) () Waldorf Astor (pt) Michael Astor (pt) () Waldorf Astor (pt) William Astor, 3rd Viscount Astor (pt) () Waldorf Astor (pt) David Astor (pt) () Waldorf Astor (pt) Nancy Phyllis Louise Astor (en) () Waldorf Astor (pt) |
---|
Pais | Chiswell Langhorne (pt) e Nancy Witcher Keen (en) |
---|
Irmáns | Irene Langhorne Gibson, Nora Langhorne (en) , Phyllis Langhorne (en) e Elizabeth Dabney Langhorne (en) |
---|
|
|
|
Pechar
O primeiro marido de Astor foi o estadounidense Robert Gould Shaw II; a parella separouse despois de catro anos e divorciouse en 1903. Mudouse a Inglaterra e casou con Waldorf Astor. Despois de que o seu marido ascendese á nobreza e entrase na Cámara dos Lords, ela entrou na política como membro do Partido Conservador e gañou o escano por Plymouth Sutton en 1919, converténdose na primeira muller en sentar como MP (membro do parlamento) na Cámara dos Comúns.[1]
Serviu no Parlamento ata 1945, cando foi animada a renunciar. Astor foi criticada polo seu antisemitismo e a súa visión comprensiva do nazismo.[3][4][5]
En 1982 a BBC emitiu unha serie de televisión en nove partes sobre a súa vida, Nancy Astor, que protagonizou Lisa Harrow. Instalouse unha estatua de bronce de Lady Astor en Plymouth, preto da súa antiga casa familiar, en 2019 para conmemorar o centenario da súa elección ao Parlamento.[6]
O antisemitismo de Astor está amplamente documentado e foi criticado en anos recentes, particularmente cando a ex primeira ministra Theresa May desvelou a estatua na súa honra en 2019 coa asistencia do primeiro ministro Boris Johnson,[3][5][7] e posteriormente cando a parlamentaria laborista Rachel Reeves conmemorou a Astor nunha serie de chíos.[8] O entón líder do Partido Laborista, Jeremy Corbyn, aínda que se opuxo ao seu antisemitismo, recoñeceuna como a primeira muller MP que asumiu o cargo e por iso eloxiou a instalación da estatua comentando "Estou realmente contento de que se erga esta estatua".[9]
Durante as protestas pola morte de George Floyd en 2020, apareceu pintada a palabra "Nazi" na súa base. A estatua aparece na listaxe publicada pola páxina web Topple the Racists.[10]
Constance Markievicz, membro do Sinn Féin, foi a primeira muller elixida para o Parlamento en 1918, mais rexeitou tomar asento seguindo a política do partido. Ademais estaba arrestada na prisión de Holloway nese tempo. En cambio, Markievicz entrou no An Chéad Dáil da República Irlandesa revolucionaria.
Bibliografía
- Astor, Michael, Tribal Feelings (Readers Union, 1964)
- Cowling, Maurice, The Impact of Hitler: British Policies and Policy 1933–1940, Cambridge University Press, 1975, p. 402, ISBN 0-521-20582-4
- Masters, Anthony (1981). Nancy Astor: A Biography. Nova York: McGraw-Hill Education. ISBN 0-07-040784-3.
- Musolf, Karen J., From Plymouth to Parliament (St. Martin's Press, 1999)
- Nicolson, Harold author-link = Harold Nicolson (1966). Nigel Nicolson, ed. Diaries and Letters: 1930–1939. Londres: William Collins, Sons.
- Sykes, Christopher (1984). Nancy: The Life of Lady Astor. Chicago: Academy Chicago Publishers. ISBN 0-89733-098-6.
- Astor, Lady Nancy (1997). Martin Thornton, ed. Nancy Astor's Canadian Correspondence, 1912–1962. Lewiston, Nova York: Edwin Mellen Press. ISBN 0-7734-8452-3.
- Wearing, J. P. (editor), Bernard Shaw and Nancy Astor (University of Toronto Press, 2005)