filme de 1922 dirixido por Robert J. Flaherty From Wikipedia, the free encyclopedia
Nanook of the North é unha longametraxe de 1922 de xénero documental dirixida por Robert J. Flaherty. É considerado o primeiro filme documental da historia.[1].
Nanook do Norte | |
---|---|
Cartel do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nanook of the North |
Director | Robert J. Flaherty |
Produtor | Revillon Frères |
Intérpretes | Allakariallak Nyla Cunayou |
Fotografía | Robert J. Flaherty |
Montaxe | Robert J. Flaherty |
Distribuidora | Pathé Pictures |
Estrea | 1922 |
Duración | 62 minutos |
Orixe | Estados Unidos Francia |
Xénero | Documental |
Orzamento | $53 000 |
Na rede | |
Conta as duras condicións de vida dunha familia inuit no ártico. A detallada realidade deste pobo que vive nun clima case imposible para o resto dos humanos, é o que plasmou o antropólogo, explorador e cartógrafo Robert J. Flaherty cando foi rodar a vida do esquimó Nanook e da súa familia, na Baía de Hudson, Canadá, a comezos dos anos vinte.
O documental de Flaherty apenas obtivo un nulo interese nos Estados Unidos xa que nin tan sequera existía o termo documental como xénero cinematográfico naqueles anos. Só tralo seu éxito en Europa, grazas á distribución por parte de Pathé, acadou gran notoriedade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.